domingo 16/01/22
Habilitaron un número de conta no que se poderán achegar donativos

NOTICIAS VERÍN | Riós recauda fondos para os donos da vivenda calcinada en San Cristovo

Riós-incendio-San Cristovo
A primeira planta e o tellado da casa quedaron totalmente calcinados.

O alcalde do Concello do Riós, o popular Francisco Armando Veiga Romero, vén de asinar este martes un bando no que facilita un número de conta da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil municipal na que se poderán facer donativos encamiñados á reconstrución de vivenda que as lapas calcinaron o pasado sábado na localidade de San Cristovo. 

Todos aqueles que así o desexen poderán facer os seus donativos no seguinte número de conta:

ES94 0030 6235 14 09916533272

 

facendo figurar na aportación o seguinte concepto:

Aportación sinistro na aldea de San Cristovo

 

As lapas na vivenda declaráronse cara as dúas da tarde do pasado sábado 15 de maio. Malia rápida actuación tanto do servicios de emerxencia municipais así como dos bombeiros do parque verinense, non se puido evitar que o lume calcinase a primeira planta e o tellado da casa habitada por un matrimonio de septuaxenarios

NOTICIAS VERÍN | Riós recauda fondos para os donos da vivenda calcinada en San Cristovo
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade