miércoles. 24.04.2024
Visita Centro de Saúde do Riós. | FOTO: Cedida
Visita Centro de Saúde do Riós. | FOTO: Cedida

Este mércores, 8 de marzo, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén e a subdirectora de enfermería de Atención Primaria da área sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras, Pepa Rodríguez, acompañados da alcaldesa, Eva María Barrio, acudiron ás obras de reforma do centro de saúde do Riós.

Ao tratarse dun edificio de titularidade municipal o presuposto para este proxecto foi de 48.000 euros froito dun convenio de colaboración entre a Xunta e o Goberno local. O Concello do Riós foi o encargado de levar a cabo as actuacións necesarias para a correcta execución das obras coa redacción dun documento técnico necesario para isto. 

A cuberta do centro de saúde presentaba graves deficiencias, entre elas roturas, desconchado ou desprazamento, o que provocaba humidades na planta destinada ás consultas. A reforma permitirá aumentar así o illamento térmico da envolvente do edificio, mellorando a súa impermeabilidade e seguridade mentres que a actuación na carpintería exterior consistiu na automatización de apertura das ventás localizadas nas consultas. Ademais, substituíronse as cadeiras existentes na sala de espera e colocáronse estanterías nas salas de atención ó paciente.

Durante este ano, a Xunta de Galicia continuará colaborando cos concellos que manteñen centros de saúde de titularidade municipal. Así, dende o 2017, a distribución do Fondo Adicional de Cooperación Local inclúe a previsión de compensar os custos de mantemento destas infraestructuras. 

No orzamento para o 2023 reforzase unha vez máis o apoio a estas entidades locais e increméntarase ata os 2,6 millóns de euros a partida. En particular, o Concello de Riós recibiu no 2022 a cantidade de 10.475 € para financiar o mantemento desta instalación sanitaria.

Na provincia de Ourense, nos últimos anos puxéronse en marcha novos centros de saúde como o de A Merca, Toén, Entrimo, Vilar de Santos, Vilamarín ou Barbadás entre outros.  

Con isto, a Xunta de Galicia ten destinado dende 2017 máis de 15 millóns de euros a financiar os gastos de funcionamento de 156 centros de saúde de titularidade municipal. En definitiva, a Xunta non só colabora cos concellos no mantemento habitual destes edificios senón que tamén colabora financiando as actuacións cando hai que facer

080323 Visita Centro de Saúde de Riós 1

reformas.

NOTICIAS VERÍN | Rematan as obras de reparación da cuberta do centro de saúde do Riós