
Lara Blanco
17:14 do 25 de agosto de 2022
O Concello de Riós, en colaboración coa Consellería de Vivenda, avanza nas obras de rehabilitación da antiga escola de Castrelo de Cima, que comezaron neste ano. O inmoble albergará dúas vivendas sociais que se de alugarán para xente nova ou vítimas da violencia de xénero e así facilitarlles unha posibilidade de instalarse no municipio, favorecendo á fixación de poboación no rural.
A rehabilitación da antiga escola conta cun orzamento de case 106.000 euros, dos que o case 80.000 son postos pola administración autonómica. Espérase que as obras rematen en pouco tempo para que poidan ser entregadas ós seus novos inquilinos.
