viernes. 26.04.2024
As obras comezaron no centro de saúde de Riós para renovar a cuberta.
As obras comezaron no centro de saúde de Riós para renovar a cuberta.

O pasado mes de setembro, a alcaldesa de Riós, Eva Barrio; e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asinaron un convenio de colaboración para reformar o centro de saúde da localidade. Estas obras xa comezaron pola urxencia de renovar a súa cuberta, acción que ten a maior prioridade polo seu deteriorado estado.

 

A actuación, na que tamén se contempla o acondicionamento interior das instalacións, ten un importe superior ós 48.000 euros. A mellora máis urxente é a da renovación da cuberta, xa que está a provocar goteiras dentro do centro. A súa reparación permitirá aumentar o illamento térmico envolvente do edificio, optimizando a impermeabilidade do mesmo e a seguridade da estrutura.

Actualmente, a cuberta do centro de saúde de Riós presenta graves deficiencias e isto provoca humidades no andar que se destina ás consultas e para a atención dos pacientes. Por isto, a súa renovación é a primeira actuación que se acometerá.

Estado da cuberta do centro de saúde de Riós.
Estado da cuberta do centro de saúde de Riós.

 

A reforma continuará con actuación sobre a carpintería exterior e consistirá na automatización de apertura das ventás localizadas nas consultas. Sobre o equipamento, substituiranse as cadeiras da sala de espera por unha novas a instalaranse estanterías nos consultorios.

NOTICIAS VERÍN | O centro de saúde de Riós inicia as obras de renovación da súa cuberta