miércoles. 01.05.2024
Marina Vaz. | FOTO: Anabel G. Simón.
Marina Vaz, coordinadora do PSdeG-PSOE na bisbarra de Verín. | FOTO: Anabel G. Simón.

Os socialistas de Ourense xa teñen designadas ás persoas que formarán parte do seu grupo na Deputación provincial. Entre elas está Marina Vaz Quintillán, voceira do PSdeG-PSOE no Riós e actual coordinadora dos socialistas na bisbarra de Verín.


Nas recentes eleccións municipais, Marina Vaz ocupaba o segundo posto na lista dos socialistas no Riós. Implicada dende ben nova na política local e no apoio incondicinal ó desenvolvemento do seu concello, Marina Vaz pasou a ser a voceira do PSdeG-PSOE no Riós logo da renuncia de Daniel Caneiro a recoller a súa acta de concelleiro.

O PSOE xa elexiu ós seus representantes para a Deputación de Ourense, a pesares de que se descoñece a data de constitución por mor dos contenciosos electorais pendentes. Logo das eleccións neste 2023, os socialistas contan con sete persoas titulares, perdendo dous deputados respecto ás eleccións do 2019.

A falta das votacións, Marina Vaz vai coma candidata número catro dunha lista que encabeza Aurentino Alonso. Unha candidatura aprobada pola Comisión Federal de Listas do PSOE.

NOTICIAS VERÍN | Marina Vaz proposta pola comisión federal do PSOE como deputada...