NOTICIAS VERÍN | Marina Vaz proposta pola comisión federal do PSOE como deputada provincial
Os socialistas de Ourense xa teñen designadas ás persoas que formarán parte do seu grupo na Deputación provincial. Entre elas está Marina Vaz Quintillán, voceira do PSdeG-PSOE no Riós e actual coordinadora dos socialistas na bisbarra de Verín.
Nas recentes eleccións municipais, Marina Vaz ocupaba o segundo posto na lista dos socialistas no Riós. Implicada dende ben nova na política local e no apoio incondicinal ó desenvolvemento do seu concello, Marina Vaz pasou a ser a voceira do PSdeG-PSOE no Riós logo da renuncia de Daniel Caneiro a recoller a súa acta de concelleiro.
O PSOE xa elexiu ós seus representantes para a Deputación de Ourense, a pesares de que se descoñece a data de constitución por mor dos contenciosos electorais pendentes. Logo das eleccións neste 2023, os socialistas contan con sete persoas titulares, perdendo dous deputados respecto ás eleccións do 2019.
A falta das votacións, Marina Vaz vai coma candidata número catro dunha lista que encabeza Aurentino Alonso. Unha candidatura aprobada pola Comisión Federal de Listas do PSOE.