1 de febrero de 2022, 10:00
Axentes da Garda Civil de Verín tomaron declaración, na súa condición de investigado, a un veciño da aldea de Castrelo de Abaixo (Riós), como presunto autor dun delito forestal por neglixencia logo de iniciar varias queimas de folla seca e ourizos nunha finca de castiñeiros da súa propiedade.
Os pequenos lumes acabaron propagándose polo seu predio e afectaron a fincas colindantes. Resultaron afectadas unhas dúas hectáreas de monte baixo. Os feitos tiveron lugar o pasado 28 de xaneiro, entre as 16:45 e as 19:13 horas.
Instrúen dilixencias no xulgado número un de Verín.