jueves. 25.04.2024
Coral da Cantarela de Riós.
Coral Cantarela de Riós.

O futuro da Coral Cantarela de Riós pende dun fío por culpa da pandemia. Coa chegada da crise sanitaria, o seu número de integrantes viuse minguado e agora precisa da chegada de novos coristas que permitan a súa continuidade. "Por el parón que tuvimos con el coronavirus hemos perdido miembros y necesitamos más para seguir con este proyecto", afirma Rosa Delgado, presidenta da asociación de veciños de Marcelín e Riós.

Esta coral naceu hai 12 anos e agora loita por non desaparecer. As súas actuacións levaron ós seus integrantes a presentarse en diversos puntos de Galicia para cantar e, neste ano, empezan este sábado o novo curso. Para que todo prosiga con normalidade, terán que incorporar a novos coristas e andan na súa procura.

As clases da Coral Cantarela son todos os sábados de 16:00 a 17:30 horas, contando co músico e escritor Edelmiro Mateo como director musical. Dende esta coral de Riós invitan a todos os que se queiran unir para poder desfrutar de moitos anos máis desta formación.

NOTICIAS VERÍN | A Coral Cantarela de Riós precisa membros para non desaparecer