jueves. 09.05.2024
As castañas serán de novo protagonistas da súa festa no Riós o vindeiro 6 de novembro. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
As castañas serán de novo protagonistas da súa festa no Riós os días 4 e 5 de novembro. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

Chega o mes de novembro e, con el, a celebración da Festa da Castaña e do Cogomelo en Riós. Van 28 anos dende que comezou un evento que nacía para pór en valor os dous produtos máis destacados das terras orriolenses.

Organizado polo Concello de Riós, iste ano a festa celebrarase durante dous días: o sábado 4 e o domingo 5 de novembro. Sen dúbida, na localidade non faltarán estes produtos típicos, pero tamén haberá música, actividades para a cativada, os xantares populares e ata unha exposición de coches clásicos.

Como gran novidade, a alcaldesa de Riós, Eva Barrio, anunciaba que: "O domingo, durante a XXVIII Festa da Castaña e do Cogomelo, tamén contaremos cun foodtruck da Consellería do Mar. Poderemos degustar de balde os productos do mar. Porque a nosa castaña combina á perfección co marisco da ría e cos viños da D.O.Monterrei".

Galicia sabe a mar
A campaña "Galicia sabe a mar" ofrecerá degustación de pinchos.

"Galicia sabe a mar", é a campaña da Consellería do Mar para promocionar os produtos pesqueiros da comunidade. En Riós, a veciñanza poderá degustar unha serie de pinchos elaborados a partir de produtos certificados do mar de Galicia como o Berberecho de Noia, o Mexillón de Galicia, o bonito do norte ou os peixes e mariscos de pescadeRías.

Programación 

A XXVIII Festa da Castaña e do Cogomelo arrancará o sábado ás 18:30h. cun festival de corais na igrexa de Santa María de Riós no que participarán, ademais da anfitriona Coral Cantarela, a Coral de Botos, de Lalín, e a Coral polifónica de Soutomarior. A xornada rematará cun gran magosto popular, amenizado con música tradicional na praza do Concello a partir das 20:30h.

A xornada grande será o domingo. Comezará ás 10:30h., no recinto feiral, coa apertura dos stands e da exposición de Anabel Dacosta e dos produtos elaborados con castaña. Dende as 11h. poderase visitar a mostra de coches clásicos e, xa ás 12:00h., terá lugar a recepción de autoridades coa actuación da Banda de gaitas de Riós. Á mesma hora entregarase a "Castaña de Ouro"; iste ano repártese entre o INORDE e a empresa agrícola orriolense Berxan. 

É o día no que o foodtruck "Galicia sabe a mar" estará en Riós. Non faltará a degustación de castañas asadas, que comezará ás 13 horas dando inicio a unha sesión vermú na que actuará o grupo Banda da Garda. Xa ás 14:30h. celebrarase o xantar popular, unha comida para a que a venda de entradas remata mañá, día 3 de novembro. A XXVIII Festa da Castaña e do Cogomelo de Riós rematará coa actuación da Charanga Támega.

NOTICIAS VERÍN | Castañas e cogomelos terán dous días de exaltación no Riós