jueves. 25.04.2024
A residencia Monte Barrio, en Riós.
A residencia Monte Barrio, en Riós.

A residencia Monte Barrio de Riós está moi preto de iniciar as obras de ampliación, que lle permitirán pasar das 40 prazas actuais a ter, polo menos, 80. A duplicación de capacidade axudará a reducir unha longa lista de espera para dar servizo ás persoas de contorna que precisen este tipo de atención, sen ter que ir lonxe da súa terra. "Quédanos pechar o proxecto para comezar. Estamos nunha clara fase de crecemento", asegura José Manuel Barrio, propietario do centro.

O 2023 será clave para esta expansión, xa que é cando se prevé que se inicien os traballos sobre o terreo. O investimento será de preto dun millón de euros e busca que a residencia sexa máis accesible. Isto tamén repercutirá no fomento do emprego, xa que estiman a creación de 25 postos de traballo máis aos que xa teñen. "Apostaremos por traballadores próximos, da nosa comarca", apunta Barrio.

 

A ampliación consistirá na creación dun edificio "novo, moderno, amplo, moi luminoso, acolledor... Para que todos se sintan como na súa casa que é o que verdadeiramente pretende ser", conta o xerente. Barrio recalca que tanto usuarios como o persoal están "moi contentos" e a ampliación non só dará maior cobertura de residentes, tamén xerará emprego. "Desde fai un tempo contamos cun equipo de traballo e dirección moi bo, pero esperamos poder contratar a máis persoas cando rematen as obras", sinala. 

As obras son necesarias en Monte Barrio, xa que os "competitivos" prezos espertan o interese das familias que precisan dos seus servizos, de aí a alta demanda de prazas. Estes móvense dos 1.199 para persoas non dependentes ata os 1.699 nos dependentes de grao 3, todos con IVE inclusive. Ademais, no centro dispoñen de atención médica, fisioterapia ou animación sociocultural, entre outras. O persoal tamén é variado, co obxectivo de cubrir todos os servizos.

Para máis información sobre a residencia Monte Barrio de Riós pódese contactar nos números 988 594 497 ou no 647 933 173.

Información de prezos e servizos da residencia Monte Barrio de Riós.
Información de prezos e servizos da residencia Monte Barrio de Riós.

NOTICIAS VERÍN | A residencia Monte Barrio de Riós culminará a súa ampliación no 2023