
13:31 do 15 de outubro de 2020
O alcalde de Riós, Francisco Armando Veiga, vén de anunciar, como non podería ser doutro xeito, que dada a situación epidemiolóxica e as restricións impostas pola Xunta de Galicia para conter o avance da covid, a XXVI edición da Festa da Castaña e do Cogumelo de Riós, coa que comezaba no municipio o mes de novembro, queda suspendida por este ano, así como todas as actividades paralelas que se desenrolaban con motivo da súa celebración.