O rexedor anunciou que se suspenden todos os festexos propios do certame no vindeiro mes de novembro
Como era previsible, Riós suspende a XXVI Festa da Castaña e do Cogumelo
15 de octubre de 2020 (13:31 h.)
O alcalde de Riós, Francisco Armando Veiga, vén de anunciar, como non podería ser doutro xeito, que dada a situación epidemiolóxica e as restricións impostas pola Xunta de Galicia para conter o avance da covid, a XXVI edición da Festa da Castaña e do Cogumelo de Riós, coa que comezaba no municipio o mes de novembro, queda suspendida por este ano, así como todas as actividades paralelas que se desenrolaban con motivo da súa celebración.