viernes. 19.04.2024
O alcalde de Riós, Francisco Armando Veiga. | FOTO: Iván Iglesias.
O alcalde de Riós, Francisco Armando Veiga. | FOTO: Iván Iglesias.

O aínda rexedor popular do Concello de Riós, Francisco Armando Veiga Romero, vén de emitir un comunicado no que explica as razóns que o levan a deixar o seu cargo, tal e como adiantou Diario do Támega o pasado luns en primicia. 

O alcalde anunciou, no pleno extraordinario no que se aprobou un plan de axuste económico e financieiro para o Concello, que deixaría o seu cargo no mes de abril, dando paso a unha das súas concelleiras, Eva Barrio López. Non tardou o grupo da oposición, PSdeG, en explicar a marcha do rexedor -no momento en que se daba luz verde a un documento que deixaba ao alcalde sen a súa retribución de adicación exclusiva-, calificándoa como "un abandono do capitán do barco cando este se está a afundir nunha grave crise económica", dicían. 

Definición que o propio alcalde nega de xeito categórico nunha carta aos seus veciños: "Voume voluntariamente e por motivos estrictamente persoais, non renuncio por imposición algunha, trátase dunha decisión motivada no tempo e considero que é unha decisión acertada (...)".

Nega tamén o aínda primeiro edil que a súa saída teña algo que ver co acordo alcanzado de supresión do seu salario: "Non me vou motivado polas medidas económicas que se están a implantar na maioría dos concellos de España (...), debido principalmente á falta de recursos procedentes da participación nos fondos do Estado, baseados case estritamente na poboación do concello, deficiencia que está afogando aos concellos coma o noso", e reitera que "non abandono ningún barco", sinalando que "estou no meu dereito a xubilarme cumprindo os requisitos legais para elo", aínda que continuará como edil na Corporación até os vindeiros comicios do mes de maio de 2023. 
 

O alcalde de Riós asegura que deixa o cargo por motivos persoais e non porque deixe de...