lunes. 29.04.2024
O pemento volverá a ser a estrela da comarca o vindeiro 6 de agosto. | FOTO: Iván Iglesias.
O pemento volverá a ser a estrela da comarca o vindeiro 6 de agosto. | FOTO: Iván Iglesias.

É xa outra das tradicións dentro da Feira do Pemento de Oímbra, que este vindeiro domingo terá nova edición na carballeira anexa á Casa do Concello coa posterior celebración popular no pavillón polideportivo.  

O municipio que preside Ana María Villarino Pardo vén de convocar un concurso fotográfico no que todos poden participar subindo ás súas redes persoais unha ou varias imaxes conmemorativas dalgunha das anteriores edicións da Feira do Pemento de Oímbra ou aquelas máis divertidas -persoais, familiares, nun xantar, cociñando...- onde, evidentemente, non pode faltar o rei da horta olimbriguense

PementoLogo de saír da sartén, os pementos de Oímbra deben repousar un chisco para estar deliciosos. | FOTO: Noelia Caseiro. 

Aquela instantánea -á que se lle deberá engadir a etiqueta #pementodeoimbra- que máis likes ("me gusta") teña será a gañadora dun extraordinario lote de produtos da horta de Oímbra, no que non faltarán, sen dúbida, os pementos e tamén unha botella de cada unha das adegas da Denominación de Orixe Monterrei asentadas nas terras do Concello ourensán. 

Ata as 23:59 horas do vindeiro domingo día 6 de agosto, día no que se celebrará a xa XXVI edición da Feira do Pemento de Oímbra, hai tempo para subir as imaxes. A vindeira semana coñecerase a foto gañadora.  ​

Xa tedes lista a vosa mellor foto para o concurso da feira do Pemento de Oímbra?