martes. 15.10.2024
Isabel Alonso, protagonista do novo capítulo de "Arrieiros Somos".

Isabel Alonso, veciña de Oímbra, converteuse na protagonista do novo capítulo da serie-documental do actor e director Rubén Riós, 'Arrieiros Somos'. O cineasta plasmou nesta nova entrega a vida desta muller traballadora da vide que se converteu na primeira en inscribirse na Denominación de Orixe Monterrei. Con ela, percorrerá varios puntos de Oímbra nos que se amosan a riqueza e a historia vitivinícolas da zona, existentes dende hai moitos séculos atrás.

Unha aposta polo maior

O proxecto audiovisual aposta pola sabiduría e experiencia de xeracións anteriores, dándolles voz a todas esas persoas que, segundo o director, "pola velocidade que vivimos no día a día, non escoitamos tanto e que nesta pandemia se converteron nun dos colectivos máis golpeados". E nesta ocasión, esta voz pertence a Isabel Alonso, que representa o papel tan importante que xogaban as mulleres na súa época aínda que cunha labor oculta.

Xa o fixo así, cando foi imaxe dun dos murais do artista coruñés Joseba YMP, no que retrata á auténtica muller galega, e que aínda hoxe se pode contemplar nunha das rúas máis céntricas de Verín.

O capítulo vai ser emitido pola canle de YouTube "Orgullo galego", este venres 23 de abril ás 21:00 horas.

Yoseba MP está a punto de terminar el mural de la "superabuela" Isabel Alonso. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.Yoseba YMP, no alto do guindastre, cando estaba a piques de rematar o mural da superavóa Isabel Alonso. | FOTO: Xosé Lois Colmenero. 

Unha veciña de Oímbra, protagonista do novo capítulo de 'Arrieiros Somos', de Rubén Riós