miércoles. 09.10.2024
Ana Villarino, a rexedora, navegando na nova web municipal.
Ana Villarino, a rexedora, navegando na nova web municipal.

O Concello de Oímbra estrea este 5 de agosto a súa nova páxina web municipal, www.oimbra.gal. Cun deseño moito máis práctico, funcional e eficaz, os veciños do municipio poderán solicitar, entre outros servizos, cita previa para departamentos coma o de Catastro, Urbanismo ou Traballo Social. 

Tamén estarán visibles todos os bandos do Concello, as novas de actualidade municipal e todos os formularios para a realización das diversas tarefas administrativas coa institución municipal. 

No novo sitio web, haberá unha sección específica denominada "ViveOímbra", na que estará dispoñible toda a información das vivendas radicadas no municipio que se aluguen ou se vendan

Ademais, a web dará cumprida información de todas as actividades e eventos que se organicen dende o Concello de Oímbra, e tamén estarán accesibles para turistas e visitantes a posibilidade de descargar mapas das rutas máis representativas do municipio, como son as dos lagares

Unha empresa local, ImaxinaMais, encargouse do seu desenrolo, inicialmente só en lingua galega. Nos vindeiros meses tamén estará operativa en castelán e inglés. 

A nova web do Concello de Oímbra engade un portal inmobiliario