sábado. 27.04.2024
A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reúnese coa alcaldesa de Oímbra, Ana María Villarino.
A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reúnese coa alcaldesa de Oímbra, Ana María Villarino.

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reuniuse recentemente coa alcaldesa de Oímbra, Ana Villarino, para estudar vías de colaboración en materia de humanización de espazos públicos e vivenda.

Así, durante o encontro a rexedora explicoulle á vicepresidenta segunda a intención do concello de levar a cabo a humanización da estrada que comunica a localidade con Verín para mellorar tanto a accesibilidade como a seguridade viaria nesa contorna.

Pola súa banda, a vicepresidenta segunda informou á alcaldesa da posibilidade de que este proxecto encaixe nos obxectivos do chamado plan Hurbe, unha iniciativa impulsada polo Goberno galego no ano 2010, que precisamente ten como finalidade axudar ás administracións locais a financiar este tipo de actuacións que inciden de forma positiva na calidade de vida da veciñanza. Así, de ratificarse a colaboración, a Xunta financiaría o 70% da actuación e o concello asumiría o 30% restante.

No que atinxe á situación do mercado de vivenda na localidade, Ángeles Vázquez trasladoulle á rexedora que o concello, ao ter menos de 20.000 habitantes, podería optar a unha nova convocatoria das axudas para a rehabilitación de edificacións e vivendas de titularidade municipal. Neste caso, as axudas poderán acadar ata o 95% do orzamento protexido das obras, sen que en ningún caso poidan superar a cantidade de 50.000 euros por vivenda rehabilitada

 


 

NOTICIAS VERÍN | Ana Villarino e Ángeles Vázquez estudan vías de colaboración en...