viernes. 26.04.2024
Concurso decoración nadal Oímbra 2022
Cartaz do concurso #nadalenoimbra2022.

Oímbra tamén quere vestir de festa os seus pobos e aldeas. Por iso, xa está aberta unha nova edición do concurso de decoración navideña de fachadas e balcóns no municipio co obxectivo de incentivar ós seus veciños e veciñas a decorar as súas localidades. Se vives ou tes casa no municipio poderás participar decorándoas con motivos de Nadal. A gañadora obterá unha cesta de Nadal, con produtos típicos destas festas, como premio á súa creatividade e bo gusto.

As persoas que queran participar deberán subir unha fotografía do seu balcón ou fachada engalanados con decoración navideña ás redes sociais, tanto Facebook como Instagram, co hashtag #nadalenoimbra2022. A imaxe que obteña máis "Me gusta" será a gañadora do concurso. A data límite para presentarse será o vindeiro 26 de decembro.

nadalOímbra 2021 gañador_ToniRabal
Ana Villarino entregando o premio ó gañador do concurso do ano pasado. | FOTO: Concello de Oímbra.

 

É o segundo ano que o Concello de Oímbra leva adiante ista iniciativa. Dende a entidade municipal animan á veciñanza a decorar as súas casas e participar no concurso. Na pasada edición, no Nadal 2021, o gañador foi Toni Rabal, veciño do Terrón, a quen Ana Villarino, alcaldesa do municipio, entregou o premio ó tempo que agradeceu a todas as persoas a súa participación. 

NOTICIAS VERÍN | Oímbra premiará cunha cesta de Nadal á mellor decoración navideña