Xoves. 06.10.2022
Ana María Villarino entregou a cesta con produtos locais a Patricia Rodríguez, gañadora do concurso da Feira do Pemento.
Ana María Villarino entregou a cesta con produtos locais a Patricia Rodríguez, gañadora do concurso da Feira do Pemento.

A alcaldesa de Oímbra, Ana María Villarino, entregou o premio á gañadora do concurso da Feira do Pemento deste ano. A fotografía de Patricia Rodríguez foi a que conseguiu máis "me gusta" nas redes sociais  -171- e por iso resultou como gañadora deste certame, impulsado en paralelo á festa gastronómica.

Rodríguez recibiu unha cesta chea de produtos locais onde non faltaron viños da D.O. Monterrei e tamén os pementos de Oímbra. O concurso buscaba a imaxe que conseguise máis "me gusta" na redes co cancelo #pementodeoimbra e Rodríguez conseguiuna. A premiada inspirouse na lacra dos lumes, que tanto afectou ós montes de Oímbra este verán. Entre as cinsas negras, unha cesta chea de pementos verdes destacan para dar cor a todo o que os incendios estragaron.

A autora da imaxe publicouna en Facebook acompañada do texto "Non ao lume. Sí ás paisaxes da cor dos pementos de Oímbra". Ademais, Villarino quixo agradecer tamén a todas as persoas que participaron compartindo unha foto, onde o pemento de Oímbra tiña que ser o protagonista, neste concurso que cada ano se afianza máis.

Imaxe gañadora do concurso da Feira do Pemento. | FOTO: Patricia Rodríguez.
Imaxe gañadora do concurso da Feira do Pemento. | FOTO: Patricia Rodríguez.

NOTICIAS VERÍN | Oímbra entrega o premio á gañadora do concurso da Feira do Pemento
comentarios