lunes. 29.04.2024
Feira do Pemento 2022. | FOTO: Iván Iglesias.

Dende este luns, 17 de xullo, o Concello de Oímbra pon á venda ó público as entradas para a súa XXVI Edición da Feira do Pemento.

As mesmas estarán dispoñibles para mercar en: 

  • Bares do Concello de Oímbra.
  • Concello de Oímbra.
  • Borys Martínez Fotografía (Verín).

Terán un prezo de 15 € que permite acceder á comida popular que se celebra ás 14:00 horas, dado que o resto do evento é completamente gratuíto. 

Na propia feira, que comezará ó redor das 11:00 horas, haberá postos de venda de produtos locais, artesanía, exposición de pratos de cociña elaborados polos veciños baseados no pemento e actuacións musicais. Sen dúbida, unha das citas ineludibles da gastronomía galega. 

NOTICIAS VERÍN | Xa están dispoñibles á venda as entradas para a Feira do Pemento de...