viernes. 03.05.2024
Humanización Bousés 2023, rúa estrada Bousés. Cedida
Nova pavimentación da rúa Estrada a Bousés. |FOTO: Cedida.

O Concello de Oímbra contará cunha subvención de 48.000 euros para continuar executando o seu proxecto de humanización da aldea de Bousés. A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobaba a concesión de dita axuda para as obras de mellora para facer de Bousés unha localidade máis amable para a súa veciñanza.

As obras céntranse nas rúas principais de Bousés, na contorna da Igrexa de Santa Baia. Nunha primeira fase das obras se executara a mellora das conexións do saneamento e do abastecemento. Agora, nunha segunda fase, se está traballando na mellora do firme da vía cunha nova pavimentación.

Humanización Bousés 2023
Nova pavimentación na rúa Fontepreve de Bousés. | FOTO: Cedida.

Unha reunión que propiciaba que Manuel Baltar volvera á Deputación Provincial para presidir a Xunta de Goberno e na que estivo presente a alcaldesa de Oímbra, Ana María Villarino. 

Xunta de Goberno Depu Ourense 26-06-2023 (FILEminimizer)
Reunión da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Ourense esta semana.

As obras de humanización de Bousés é un dos proxectos municipais que recibían o apoio económico do ente provincial. En total, a Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou a concesión de 315.995 euros en axudas para financiar seis proxectos municipais, en outros tantos concellos. Ademais, concedéronse un total de 43.000 euros para subvencións das federacións veciñais ourensáns.

Por outra banda, tamén se aprobaba a resolución do concurso público das subvencións para gastos de funcionamento das federacións ou agrupacións de asociacións veciñais de Ourense neste 2023. En concreto, foron concedidos 35.500 euros á agrupación de AAVV Miño e 7.500 euros á Federación Provincial de Mulleres Rurais.

NOTICIAS VERÍN | Oímbra recibirá 48.000€ para as obras de humanización de Bousés