miércoles. 09.10.2024
CEIP de Oímbra.
CEIP de Oímbra.

O Concello de Oímbra vén de anunciar que, o vindeiro luns 13 de setembro, dará comezo o programa ‘Almorzos saudables’, co que lle facilitará ás familias a conciliación da vida laboral, familiar e persoal durante o vixente curso escolar 2021/2022.

Todos os cativos escolarizados no CEIP de Oímbra poderán acudir ás instalacións dende as 08:00h ata o inicio do día lectivo. Durante estas xornadas, os nenos aprenderán a levar un estilo de vida saudable, almorzando alimentos sans e equilibrados e acorde ao gasto enerxético que precisan nun día escolar. Incluirá froita, leite e pan con aceite de oliva, entre outros.

Rematado o almorzo, poderán entreterse con actividades de lecer, sociais e de integración co entorno, como poden ser lecturas ou xogos de habilidade. Todas respectando o protocolo de actuación contra a Covid-19.

Programa de conciliación do Concello de Oímbra.Programa de conciliación do Concello de Oímbra.

NOTICIAS VERÍN | Oímbra facilitará a conciliación familiar neste novo curso escolar