miércoles. 24.07.2024
CEIP de Oímbra.
CEIP de Oímbra.

O Concello de Oímbra comeza o curso escolar iniciando os dous programas de conciliación e axuda ás familias empadroadas no municipio. Un ano máis, o centro educativo estará aberto fóra do horario lectivo dentro da iniciativa "Almorzos saudables", ó tempo que se inicia o prazo de solicitude de axudas para mercar libros e material escolar necesarios para os menores.

O programa de almorzos saudables naceu co intención de artellar un soporte para a conciliación da vida laboral e familiar, ademais de promover estilos de vida saudables nos estudantes. Una iniciativa de carácter gratuíto para o alumnado empadroado en Oímbra que arrancará mañá.

Ás oito da mañá o CEIP de Oímbra abrirá as súas portas para acoller os estudantes e proporcionarlles un almorzo san e equilibrado, acorde ó gasto enerxético que necesitan nun día escolar, para continuar cun programa de actividades non regradas e o acompañamento dos menores ata a entrada a aula.

Por outra banda, dende hoxe está aberto o prazo para a solicitude de axudas para a adquisición de material escolar e libros para o curso 2023-2024. Ata o vindeiro 27 de outubro poderase solicitar ista axuda na Casa do Concello, destinada os niveis educativos de Infantil, Primaria e Secundaria.

NOTICIAS VERÍN | Oímbra comeza o curso con almorzos saudables e axudas para material...