Venres. 29.03.2024

A Feira do Pemento de Oímbra volve ó seu formato habitual tras dous anos nos que a pandemia non o permitiu. Este domingo 7 de agosto acadará a súa 25ª edición e segue consolidándose como unha das citas gastronómicas por excelencia da provincia.

As redes sociais terán de novo un importante papel, xa que a feira aposta unha vez máis por un concurso fotográfico que elexirá ó seu gañador a través delas. Os que queiran participar só terán que subir unha foto na que os pementos de Oímbra sexan protagonistas e publicala con cancelo #pementodeoimbra.

 

O autor da imaxe que consiga máis me gusta será o que reciba a cesta de produtos locais que acompaña este concurso. O prazo para subir estas imaxes rematará o propio domingo da celebración da Feira do Pemento de Oímbra, mentres que o gañador darase a coñecer nos días seguintes.

Nesta feira, o pemento estará acompañado dos viños da D.O. Monterrei, que estará un ano máis presente cun posto propio onde ofrecerán información da denominación, das características edafoclimáticas ou das variedades de uva, entre outras cousas. Ademais disto, os que se acerquen terán a oportunidade de catar os viños de 17 das 27 adegas que compoñen a D.O.

NOTICIAS VERÍN | A Feira do Pemento de Oímbra busca a mellor foto deste produto