
A noite prevese complicada na comarca para loitar contra os incendios, especialmente en Oímbra. Nas últimas horas o lume volveu azotar con forza na parroquia de San Cibrao trala reactivación dun lume que estaba "estabilizado". Medio Rural acaba de solicitar o nivel 2 de emerxencia pola proximidade das lapas ás vivendas.
Arestora non hai luz nesta población de Oímbra e entre os danos materiais que xa se poden contabilizar atópase unha palleira ardida e unha finca con material de construción. A veciñanza atópase nas rúas, vendo impotentes o avance das lapas nesta noite que non van esquecer.
Na mañá deste luns desactivouse o nivel 2 de emerxencia para o lume declarado o domingo en San Cibrao e para o rexistrado en Videferre, tamén en Oímbra. A situación complicada que se vive do outro lado da fronteira non axuda, e moitos destes lumes teñen a súa orixe en Portugal.
A última actualización de Medio Rural fala de 20 hectáreas calcinadas en San Cibrao, onde participaron 6 axentes, 6 brigadas, 5 motobombas, 1 pa e 1 heclicóptero para apagar as lapas. En Videferre, a superficie afectada continúa a ser de 350 hectáreas.
