sábado 04/12/21

Segundo informou a Axencia de Emerxencias de Galicia, un home resultou ferido esta mañá, cara ás 11:00 horas, logo de sufrir un accidente de motocicleta nas inmediacións da igrexa do núcleo de Videferre, no concello de Oímbra. 

Ata o lugar desprazáronse efectivos sanitarios e unha dotación de Tráfico da Garda Civil de Verín. Tamén foi alertado o parque de bombeiros do Consorcio Provincial, en Pazos. 

NOTICIAS VERÍN | Un ferido nun accidente de moto en Oímbra
comentarios