
A pasada noite non deu tregua na loita contra os lumes, espacialmente en Oímbra donde hai tres activos. A boa nova é que Medio Rural deu por estabilizado, preto das tres da madrugada, o incendio de Videferre que entrou por Portugal. A superficie provisional calcinada é dunhas 350 hectáreas.
Os momentos máis complicados vivíronse en San Cibrao, tamén en Oímbra, onde un novo lume procedente de Portugal puxo de novo en perigo ó núcleo e ata se aproximou á capitalidade do municipio. Este incendio saiu do nivel 2 de emerxencia, que se tomou como medida preventiva, xa que as lapas se afastaron das vivendas.
A estimación que manexa nestes momentos Medio Rural é de que se queimaron unhas 400 hectáreas en San Cibrao. Na extinción traballan 8 axentes, 10 brigadas, 7 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.
Na tarde de onte, as poblacións de Rabal, en Oímbra, e de Mandín, en Verín, convertéronse nun inferno dada a voracidade coa que avanzaron as lapas portuguesas cara estes núcleos que deixaron varios danos materiais. Neste incendio xa arderon 750 hectáreas, aínda que na madrugada desactivouse o nivel 2 de emerxencia xa que o lume non estaba moi próximo ás vivendas.