lunes. 29.04.2024
furgoteca oímbra
A Furgoteca durante a súa primeira ruta polo Concello de Oímbra. | FOTO: Anabel G. Simón.

É a segunda ruta da Furgoteca por terras de Oímbra. Esta tarde, a biblioteca móbil da Xunta de Galicia fará paradas en seis aldeas do concello para prestar servizo a todas as persoas con carné da Rede de Bibliotecas de Galicia, independentemente do seu lugar de residencia.

Comezará en Videferre o seu percorrido, ás 15 horas, para continuar cara Espiño, onde estará dende as 16 ata as 16:30 horas. O camiño da Furgoteca continúa por Bousés, ás 16:45h., e cara Casas dos Montes, onde permanecerá dende as 17:45 ata as 18:15 horas.

As dúas últimas paradas por terras de Oímbra serán en San Cibrao e Rabal, ás 18:30 e 19:30 horas, respectivamente. A biblioteca é un espazo aberto a toda a comunidade, serve de apoio a toda a veciñanza para facilitarlle o acceso á lectura, á información e á aprendizaxe. 

NOTICIAS VERÍN | A biblioteca móbil visita as aldeas de Oímbra