Xoves. 28.03.2024
Encontro Manuel Baltar (Presidente do PPOU) con Rosendo Fernandez (Secretario Xeral do PPOU) e Ana María Villarino Pardo (Membro da Xunta Directiva do PPOU) no Xardín Botánico de Montealegre en Ourense
Encontro Manuel Baltar (Presidente do PPOU) con Rosendo Fernandez (Secretario Xeral do PPOU) e Ana María Villarino Pardo (Membro da Xunta Directiva do PPOU) no Xardín Botánico de Montealegre en Ourense

A alcaldesa de Oímbra, Ana Villarino, será a nova secretaria xeral do Partido Popular de Ourense, cargo no que substituirá a Rosendo Fernández, que pasará a ser o primeiro vicepresidente na historia do PP ourensán. Esta é a proposta que o candidato á reelección da presidencia, Manuel Baltar, presentará o próximo domingo no 18º Congreso Provincial “como un dos cambios organizativos máis importantes na nosa formación, dentro da nova etapa que imos emprender e que ten como gran reto ganar en todos os concellos da provincia nas eleccións locais do 28 de maio de 2023”.

   
   

Forza, empatía e proximidade foron os cualificativos que Manuel Baltar utilizou para definir a personalidade e profesionalidade de Ana Villarino, “contrastada tamén polo seu labor como membro do goberno provincial”. Afirmou o candidato que a futura secretaria xeral “achegará unha ampla experiencia e coñecemento do medio rural, pero tamén dos sectores produtivos da nosa provincia e a súa promoción, como vén facendo desde o seu concello”.

Ana Villarino, pola súa banda, agradeceu “a confianza depositada na miña persoa para traballar a partir de agora desde a primeira liña do partido”. Un orgullo, dixo, “ao que se suma suceder a Rosendo Fernández, do que seguro terei a súa axuda para orientarme nesta nova responsabilidade”. Villarino comprometeu a súa “implicación e lealdade co partido para conseguir nas próximas municipais os maiores éxitos para os nosos concellos, que será tamén o éxito da nosa provincia e de toda a veciñanza”.

NOTICIAS VERÍN | Ana Villarino, nova secretaria do PP ourensán