martes. 23.04.2024
As lapas non dan tregua en San Cibrao, Oímbra. FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Imaxe do pasado 18 de xullo, en San Cibrao, Oímbra. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

A consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia vén de informar do número de hectáreas que xa leva calcinadas un novo lume no Concello de Oímbra, concretamente na capitalidade do seu municipio. 

As lapas, que se iniciaron arredor das 23:00 horas, consumiron xa 20 hectáreas e na súa extinción están traballando cinco axentes forestais, 12 brigadas, oito vehículos autobomba e unha pa

Afectaron ao monte que comunica Oímbra co Rosal, e as tarefas de combate do fogo víronse dificultadas polos accesos ao lugar no que se produciu. Ata el non conseguían chegar con facilidade os vehículos autobombas.

Este lume, e o de Castrelo de Miño en Ourense con 200 hectáreas calcinadas, son polo de agora os únicos incendios que se rexistran en toda a comunidade autónoma galega. 

NOTICIAS VERÍN | Activo un lume en Oímbra que xa arrasou 20 hectáreas