viernes. 19.04.2024
O lume segue avanzando e devorando os montes de Oímbra.
O lume segue avanzando e devorando os montes de Oímbra. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

O lume non da tregua ós profesionais que traballan na extinción dos diversos focos que hai activos. Esta noite foi especialmente crítica e pouco se puido facer para frear o avance das chamas. En Oímbra, o lume fíxose máis forte e a nova actualización de Medio Rural fala de 350 hectáreas calcinadas no incendio de Videferre. Polo contrario, o incendio de San Cibrao permanece estable e non supera as 20 hectáreas ardidas.

 

O nivel 2 de emerxencia desactivouse nesta mañá, despois de que se solicitase na tarde de onte como medida preventiva para protexer os dous núcleos de poboación de Videferre e San Cibrao, que xa viron como as chamas estaban moi preto das vivendas. O primeiro dos lumes reactivouse dúas veces desde o xoves e o segundo rexistrouse onte.

 

A situación no Parque Natural do Invernadeiro tampouco mellorou durante a noite. A brigada de dispoñibilidade da Brif de Laza estivo traballando ata as catro da madrugada sobre o terreo, tratando de frear o seu avance. Medio Rural confirma que xa se calcinaron 1.000 hectáreas neste entorno natural protexido.

NOTICIAS VERÍN | O lume faise forte na noite e xa calcinou 350 hectáreas en Oímbra