Xoves. 28.03.2024
As vivendas estiveron en perigo ao longo da tarde nos lumes de Oímbra.

Os dous incendios activos de Oímbra manteñen aos efectivos de extinción traballando arreo para evitar maiores danos. Os núcleos de Videferre e o de San Cibrao son os máis afectados polas chamas, que se lograron controlar para evitar que destruísen vivendas e de aí a solicitude de decretar o nivel 2 de emerxencia pola súa perigosidade. Cada un dos lumes supera as 20 hectáreas de monte queimado, polo que entre os dous calcinaron máis de 40, segundo as estimacións da Consellería de Medio Rural.

 

O lume de Videferre reactivouse na xornada de onte, despois de que se controlase o xoves cando se iniciou pola caída dun raio, extinguiuse e hoxe volveu cobrar forza. No caso de San Cibrao, o incendio rexistrouse nesta tarde. A Consellería de Medio Rural confirmou que en ambos casos a orixe sitúase do outro lado da fronteira, en Portugal.

O nivel 2 de emerxencia solicitado para os dous lumes de Oímbra só se decretou ata o momento na provincia para o incendio que afecta a Carballeda de Valdeorras.

NOTICIAS VERÍN | Os dous incendios de Oímbra superan as 40 hectáreas arrasadas