domingo. 19.07.2026
Ana Villarino reuniuse co conselleiro da Presidencia para reforzar a colaboración en materia de infraestruturas

A IMAXE DE... | Unha conversa que traerá melloras para Oímbra

20250602 Xuntanza alcaldesa Oímbra, Ana Villarino, con Diego Calvo, conselleiro presidencia
Ana Villarino conseguiu o compromiso de Diego Calvo para traballar man a man polo futuro de Oímbra.

Ana Villarino viaxou ata Santiago de Compostela para manter unha reunión co conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, quen escoitou de primeira man as principais necesidades do Concello de Oímbra en materia de infraestruturas. Un encontro clave co obxectivo de estreitar lazos e explorar novas vías de colaboración entre ambas administracións.

 

A reunión enmarcouse no compromiso da Xunta co ámbito local, buscando a colaboración para levar a cabo proxectos conxuntos. O foco estivo posto na mellora das infraestruturas do municipio, un punto clave para o desenvolvemento e benestar da veciñanza, cunha especial atención ás deportivas; motivo polo que tamén estivo presente o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa. Ana Villarino presentaba na reunión imaxes da pista municipal de pádel, buscando a complicidade da Xunta para construír a tan necesaria cuberta, que permitirá un mellor aproveitamento da pista deportiva. 

20250602 Xuntanza alcaldesa Oímbra, Ana Villarino, con Diego Calvo, conselleiro presidencia e SX Deporte Lete Lasa
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, tamén estivo presente na reunión.

Entre os temas tratados, destacou a mellora da pista de pádel para facer a cuberta, un proxecto que sen dúbida sería moi ben recibido polos veciños e veciñas amantes deste deporte. A alcaldesa Ana Villarino amosou o seu agradecemento pola receptividade do conselleiro e pola boa disposición da Xunta para colaborar. 

A IMAXE DE... | Unha conversa que traerá melloras para Oímbra