viernes. 19.04.2024
Xunta de Goberno local do Concello de Oímbra, na que se aprobou a liña de axudas directas aos donos de bares do municipio.
Xunta de Goberno local do Concello de Oímbra, na que se aprobou a liña de axudas directas aos donos de bares do municipio.

A Xunta de Goberno local do Concello de Oímbra vén de aprobar este mércores unha liña especial de axudas destinada ao sector da hostalería do municipio. Todos os bares e cafeterías do concello obterán arredor de 400 euros de axuda repartidos entre o abono íntegro da cota de autónomo que soportara o titular da actividade no mes de outubro e a devolución da taxa do lixo do establecemento do exercicio 2020.

Entende a alcaldesa do municipio, Ana María Villarino Pardo, que "como dende o 22 de outubro ata o 4 de novembro, este concello estivo no nivel 3 de restricións, polo que non se podía atender no interior dos locais e moitos deles tampouco tiñan terraza para continuar a súa actividade, por non contar as malas condicións climatolóxicas deses mesmos días que sufriron os que si as tiñan, vimos de engadir ao Plan Estratéxico de Subvencións do ano 2020 unha axuda específica para os bares do concello".

As axudas -83,86 euros da taxa do lixo máis o importe da cota mínima do seguro de autónomo- serán compatibles con todas aquelas xa percibidas ou ás que teñan dereito os titulares dos establecementos postas en marcha por outras administracións, como a Deputación de Ourense ou a Xunta de Galicia. 

O prazo para solicitalas abrirá en canto esta orde se publique no Boletín Oficial de Provincia de Ourense. O propósito do Concello de Oímbra é poder ingresar as cantidades solicitadas antes de que remate este 2020

O Concello de Oímbra pagaralle aos bares do municipio a cota do autónomo do mes de outubro