17 de julio de 2022, 20:57
Os incendios de Oímbra seguen causando estragos no concello, polo que se solicitou o nivel 2 de emerxencia pola proximidade aos núcleos de poboación de Videferre e San Cibrao. Esta medida é preventiva para evitar maiores riscos, ante o avance das chamas destes lumes, que xa puxeron en risco algunhas vivendas.