As parroquias de Videferre e San Cibrao son as máis afectadas

🔴 ÚLTIMA HORA | Os lumes de Oímbra, en nivel 2 pola proximidade ás vivendas

Os lumes de Oímbra entran en nivel 2 de emerxencia pola proximidade ás vivendas. | FOTO: Andrés Diz Domínguez.

Os incendios de Oímbra seguen causando estragos no concello, polo que se solicitou o nivel 2 de emerxencia pola proximidade aos núcleos de poboación de Videferre e San Cibrao. Esta medida é preventiva para evitar maiores riscos, ante o avance das chamas destes lumes, que xa puxeron en risco algunhas vivendas. 

Avance das chamas en Oímbra. | FOTO: Andrés Diz Domínguez.