Venres. 29.03.2024
Ada Jiménez
Ada Jiménez, de Matamá, foi unha das agraciadas co diploma polo bo comportamento neste confinamento. | FOTO: Joaquín Jiménez.

O tenente de alcalde do Concello de Laza, Jorge Lorenzo Vila, visitou hoxe a práctica totalidade das aldeas do seu concello co gallo de facerlle entrega, aos cativos do municipio, dun diploma acreditativo do seu bo comportamento neste estado de alarma. O premio levaba aparellado unha bolsa de gominolas e una máscara confeccionada por Dolores Pérez, xerente da tenda local Queiper Laza, a quen Lorenzo Vila quixo agradecerlle, unha vez máis, a "súa xenerosidade e solidariedade neste xesto organizado pola Tenencia da Alcaldía", asegurou. 

Jorge Lorenzo Vila, facendo entrega dos agasallos aos cativos.Jorge Lorenzo, entregando a tarde deste martes os agasallos aos cativos do concello.

Jorge Lorenzo visitou a un total de 58 cativos de todo o concello, espallados pola capitalidade pero tamén por moitos dos núcleos onde se atopaba algún deles, como o caso de Carraxo, Navallo ou Correchouso, cun só neno en cada aldea. 

jorge2Algunhas das máscaras preparadas por Dolores Pérez, de Queiper Laza. 

Os rapaces de Laza reciben un diploma polo seu bo comportamento confinados