lunes. 29.04.2024
furgoteca
A biblioteca móbil durante a súa última visita a Vilardevós. | FOTO: Anabel G. Simón.

Furgoteca, a biblioteca móbil impulsada pola Xunta de Galicia como servizo cultural para o rural, volverá estar no Concello de Laza a vindeira semana. Será o martes, día 20, cando visite as aldeas de Alberguería, Cerdedelo e Matamá para achegar á veciñanza a súa selección de libros, revistas e outros materiais con servizo de préstamo e consulta.

Dende as 15 horas, a biblioteca móbil estará na Alberguería. Dende alí partirá cara Cerdedelo, aldea na que estará dende as 16:30 ata as 18 horas. A última parada do día será en Matamá, onde permanecerá dende as 18:30 ata as 20 horas.

O proxecto da Furgoteca naceu co obxectivo de cubrir a necesidade cultural nas localidades que non contan cunha biblioteca física, outorgando un espazo aberto a toda a veciñanza para facilitarlles o acceso á lectura, á información e á aprendizaxe.

furgoteca02
A Furgoteca conta cunha selección de libros e revistas. | FOTO: Anabel G. Simón.

Así, pódese acceder a préstamos de libros, revistas e outros materiais e recibir asesoramento e recomendacións de lecturaxestionar carnés de usuarios, formación, acompañamento e resolución de dúbidas no eido dixital e organización de actividades culturais, como obradoiros, clubs de lectura ou contacontos, entre outros.

O calendario completo pódese consultar na web da "furgoteca" aquí.

NOTICIAS VERÍN | A Furgoteca volve visitar Laza