Martes. 19.03.2024
Membros da Asociación Xuventude de Laza o pasado Nadal.
Membros da Asociación Xuventude de Laza o pasado Nadal.

A Asociación Xuventude de Laza, co gallo de promover a arte popular en todas as súas expresións, vén de publicar as bases do seu primeiro concurso de nacementos natalicios. Instan á toda a poboación a participar nun certame que, segundo explican nas súas redes sociais, está orientado a "recordar o sentido auténtico do Nadal".

Todos os interesados en participar deberán anotarse nos teléfonos habilitados -690 294 413 e 664 176 721- para que, máis tarde, os organizadores valoren as obras no propio domicilio dos autores.

Requisitos de participación

A organización incide en que as obras presentadas a concurso deben ser orixinais, polo que non serán aceptadas copias ou obras que xa fosen comercializadas con anterioridade, así como as que reflictan temáticas diferentes ao nacemento de Xesús. O número de pezas será libre, ao igual que o tamaño, disposición e material de fabricación. En canto ao resultado presentado, poderá ser froito dun traballo individual ou en grupo.

Os participantes terán de prazo para presentar os seus deseños ata o vindeiro 23 de decembro. Tres días despois, o 26, serán notificados os vencedores, coincidindo coa xornada de Bingo da localidade. Os elixidos serán obsequiados cun diploma e cun premio ao primeiro e segundo clasificado.

258849518_1063677931141675_3218696083054326532_n

Bingo de Nadal

Como xa é costume na localidade, o día 26 de decembro celebrarán o seu Bingo de Nadal, con agasallos para cada liña e bingo. Terá lugar no baixo da Concello a partires das 17:00h, cun aforo máximo permitido de 40 persoas.

262172422_1069362417239893_7680125054939297573_n

NOTICIAS VERÍN | A Asociación Xuventude de Laza organiza un concurso de nacementos de...