sábado. 27.04.2024
Parque móbil do GES de Laza. |  FOTO: cedida.
Parque móbil do GES de Laza. | FOTO: cedida.

A Xunta proporá este mércores na Comisión de Seguimento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES), na que tamén están representadas as deputacións provinciais e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), aumentar o persoal para que todos os GES teñan 12 efectivos, o que suporía contar con 48 persoas máis para distribuír entre os grupos de toda Galicia que no seu momento foron concibidos como SubGES con 6, 9 ou 10 membros.

Na provincia de Ourense esta medida aplicaríase nos GES de Lobios, que conta con 10 integrantes; Muíños con 9; Laza con 6; Ribadavia con 10 e Avión con 9. Ademais dos GES da provincia de Ourense, tamén verían incrementadas as súas plantillas os de Quiroga e Folgoso do Courel na provincia de Lugo; e os de Mos/Redondela creado este ano, Lalín e A Estrada na provincia de Pontevedra.

NOTICIAS VERÍN | A Xunta propón duplicar o número de efectivos do GES de Laza