
O lume que comezou o pasado martes pola noite na parroquia de Camba, en Laza, mantivo onte o seu avance. Este incendio xa se uniu a outro que comezou ese no mesmo día que o lazano, pero en Chandrexa de Queixa. A dirección de ambos levounos a xuntarse e Medio Rural o monitoriza como un único gran lume no que xa arderon 2.100 hectáreas.
O número de medios destinados para a súa extinción nestes case tres días suma un técnico, 39 axentes, 68 brigadas, 41 motobombas, 3 pás, unha unidade técnica de apoio, un tractor, 12 avións e 14 helicópteros, segundo a Consellería. Desde Medio Rural confirman que o lume está "prácticamente perimetrado" e que mantén a súa evolución "favorable" para poder estabilizado.
A Brif de Laza tamén estivo traballando nos últimos días sobre o terreo, de difícil acceso, no que foi realmente complicado levar a cabo as tarefas de extinción.
#Brif Laza nos retiramos a base después de actuar en el incendio de Camba, Laza #IFCambaChandrexa
— Diario de un Bombero (@BrifLaza) August 11, 2022
El video habla por si solo del trabajo de hoy, esfuerzo titánico. (Por cierto, no entra todo en el video, es más de lo que se ve). pic.twitter.com/06m5VNegAE