sábado. 05.10.2024
O alcalde de Laza, Moncho Barreal, co novo secretario, José Manuel Fernández Ábalo. | FOTO: Xosé Lois Colmenero
O alcalde de Laza, Moncho Barreal, co novo secretario, José María Fernández Ábalo. | FOTO: Xosé Lois Colmenero

O Concello de Laza volve acoller un pleno ordinario despois de máis de tres meses sen celebrarse. O último foi o pasado 13 de maio ao que, por falta de secretario, acudira un funcionario da Deputación de Ourense de maneira puntual, logo de catro meses sen ter lugar ningunha sesión.

No seo deste pleno, que aínda se está a celebrar, foi presentado José María Fernández Ábalo, quen desempeñará o cargo de secretario de maneira permanente. Tamén foron aprobados os novos festivos locais do municipio para o vindeiro ano 2022. Serán o Mércores de Cinza, 2 de marzo, e o día de Santa Cruz, que se celebra cada 3 de maio.

Na orde do día tamén se atopa a aprobación da acta da sesión anterior e dar conta do informe de servizos xurídicos da Deputación sobre a modificación das bases de execución dos orzamentos. Na quenda de rogos e preguntas, agárdase a intervención de Jesús Blanco, do PSdeG-PSOE e de Jorge Lorenzo, de Xuntos por Laza, quen achegarán outros asuntos á sesión plenaria.

NOTICIAS VERÍN | Laza presenta ao seu novo secretario tras varios meses sen este servizo