viernes. 19.04.2024
Laza-cribado-pabellón municipal
Cribado realizado no pavillón municipal de Laza.

Parece que o coronavirus optou por darlle unha tregua ao concello de Laza. En soamente tres días, experimentou un máis que salientable descenso dos seus casos confirmados. Segundo os datos oficiais proporcionados polo Sergas, o concello rexistra hoxe tres casos positivos, dous menos que no día de onte. Tamén se restou un caso activo nos concellos de Verín e Vilardevós, que quedan con seis e un positivo respectivamente

No resto de concellos non houbo modificacións polo que os datos quedan así:

  • Cualedro: 2 casos
  • Castrelo do Val, Oímbra, Monterrei e Riós: 0 casos

Actividade sísmica

Non obstante, esa tranquilidade pola Covid-19 non se complementa coa da terra, que máis ben parece nerviosa. Os terremotos continúan a producirse no concello de Laza, alcanzando a cifra de 51 en tan só sete días. Hai exactamente unha semana que se rexistraba o primeiro deles e, ata o de agora, durante tódalas xornadas ese número non fixo máis que crecer. Na madrugada de hoxe foron identificados dous novos tremores, un ás 06:54h e outro ás 08:39h, ambos cunha magnitude de 1,6 graos na escala de Richter.

NOTICIAS VERÍN | Laza non deixa de tremer pero a Covid-19 dálle un respiro