viernes. 26.04.2024
ludoteca verán laza 2023
O Concello de Laza ofrecerá o servizo de ludoteca ó longo do periodo vacacional da cativada.

O Concello de Laza porá en marcha o servizo de Ludoteca de verán durante a tempada vacacional da cativada co obxectivo de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar dos veciños e veciñas.

A Ludoteca de verán funcionará dende o 23 de xuño e ata o 1 de setembro, tempo para que a cativada poda ter un ocio de calidade co fío condutor dos valores de respecto, igualdade e desenvolvemento integral da persoa.

O longo período vacacional estival da cativada fai que as familias se atopen cunha situación complicada á hora de atender ás nenas e ós nenos. Por iso, dende o Concello de Laza, ofrecen o servizo de Ludoteca de verán; un espazo que lles permite ás familias conciliar a súa vida laboral co coidado da cativada.

En breve, o Concello de Laza abrirá o prazo de inscrición para poder anotar ós nenos e ás nenas na Ludoteca de verán.

NOTICIAS VERÍN | Laza contará cunha ludoteca de verán para a cativada