martes 30/11/21
A iniciativa do actor e director Rubén Riós despídese na terra dos peliqueiros

NOTICIAS VERÍN | Latexos do Rural peregrina ata Laza, a última parada do 'Camiño'

latexos do rural na gudiña
Un dos eventos da pasada xornada de Latexos do Rural na Gudiña. | FOTO: Cedida

Despois de tres semanas frenéticas espallando cultura por varios municipios da comarca, chega a fin de festa de Latexos do Rural no Camiño. O evento, creado polo actor e director Rubén Riós, está baseado nunha 'peregrinación' artística co telón do Camiño de Santiago de fondo. Os protagonistas son varios artistas locais expertos en poesía, pintura, fotografía, teatro, música e moda, que xa agasallaron toda a súa arte pola Mezquita, Riós e A Gudiña. A 'etapa' final, terá lugar este vindeiro sábado, día 26, no concello de Laza

A praza da Picota e o salón de actos da casa consistorial xa se están a preparar para acoller esta nova xornada que vai abrir as súas portas ás 11:00h. A exposición de pintura de Paulinha D´Arzoá, na praza da Picota, e a de fotografía de Ramón Fernández, na Casa do Concello, estarán a disposición dos visitantes durante toda a xornada. Unha hora despois do comezo, no mesmo lugar, terá cabida o recital de poesía de Carmen Rivero, coa performance artística de D´Arzoá.

Xa en horario de tarde, ás 18:15h, toma o testemuño Santi Cañaveral que presentará, no salón de actos, unha peza inédita de teatro. A festa vai estar amenizada, dende as 19:00h, polo concerto do Conservatorio Profesional de Música de Verín e, para rematar, poderán contemplar as creacións de moda do deseñador Jorge de Álvarez no seu orixinal desfile.

latexos rural laza actualizadoCartel da última etapa de Latexos do Rural en Laza. | FOTO: Cedida

NOTICIAS VERÍN | Latexos do Rural peregrina ata Laza, a última parada do 'Camiño'
comentarios