Venres. 29.03.2024
Al lugar se había movilizado el helicóptero medicalizado del 061. | FOTO: @HelicoOurense.
FOTO: @HelicoOurense.

Un home perdeu a vida esta tarde logo de envorcar o seu tractor, co que circulaba por unha pista forestal da localidade de Toro, no concello de Laza. 

Foi un veciño que pasaba polo lugar dos feitos o que avisou, pouco despois das 16:30 horas, aos servizos de emerxencia, logo de atopar ao home debaixo do vehículo agrícola. 

Bomberos de Verín, GES de Laza, Garda Civil e até o helicóptero medicalizado do 061 se trasladaron ao lugar, pero nada puderon facer por salvarlle a vida ao malogrado home. 

Celso A. B., de 69 anos, residía habitualmente en Ourense e pasaba varias tempadas na localidade de Toro. O accidente ocorreu no portelo da finca á que accedía dende a vía pola que transitaba. 
 

NOTICIAS VERÍN | Falece ao envorcar o seu tractor nunha pista forestal de Laza