venres 21/01/22
Foi entregado onte pola asociación OSBO na base da brigada

NOTICIAS VERÍN | A BRIF de Laza recolle o Batelumes de Ouro do ano 2020 en recoñecemento ao seu traballo

A BRIF de Laza recibe o Batelumes de Ouro 2020.
Membros da BRIF de Laza e o comandante Dailos Younis reciben o Batelumes de Ouro da man de Miguel Ángel Porrero, presidente de OSBO. | FOTO: BRIF Laza

Un equipo de premio! Así é a brigada helitransportada de Laza, unha das bases con máis actividade non só da contorna, senón de toda España. Dada a súa implicación o pasado ano, foi premiada cun dos galardóns máis recoñecidos no mundo forestal: o Batelumes de Ouro do Ano 2020, que recentemente recibiron os integrantes da brigada e mailos tripulantes das aeronaves.

"É un orgullo e unha honra para nós recollelo. O ano pasado foi un ano complicado, con moitos lumes e coa sobrecolledora morte dos dous pilotos no Xurés despois do accidente no hidroavión. Foi un cúmulo de circunstancias duras do que agora sacamos algo positivo", afirma, emocionado, Cristóbal Medeiros, bombeiro forestal da BRIF.

A entrega do batelumes tivo lugar, de maneira presencial na base da BRIF, case un ano despois de ser outorgado. "A cerimonia, inicialmente, celébrase en Madrid. Por mor da pandemia, fíxose unha gala por videoconferencia a finais do ano pasado, na que participamos dous compañeiros e eu", conta Cristóbal. "Tivemos que agardar ata agora para ter con nós este recoñecemento que nos trouxo en man o mesmo presidente de OSBO, Miguel Ángel Porrero", engade.

5A5CDA55-EEAD-4B30-B38E-0FBB64DB71DAO Batelumes de Ouro do Ano. | FOTO: BRIF Laza

Estes premios de carácter nacional son outorgados pola asociación sen ánimo de lucro, OSBO Dixital (Observatorio Social El Batefuegos de Oro) que, dende hai case dúas décadas, recoñece o traballo dos profesionais da loita contra os lumes en varias categorías"Cada ano, arredor do verán, abren as candidaturas. Calquera persoa pode votar a quen considere. Nós non nos tivemos que inscribir, simplemente recibimos votos de xente anónima que considerou valioso o noso traballo", engade Cristóbal.

Unha vez remata o prazo de votacións, os votos son recontados polo xurado, formado por representantes de todas as entidades que forman a asociación OSBO (institucións, asociacións, centros de investigación, universidades, empresas profesionais dos incendios forestais). Dito xurado, no pasado 2020, fallou que o Batelumes de Ouro do Ano tiña que recaer nas mans da BRIF de Laza e da súa tripulación. Noraboa a todos!

NOTICIAS VERÍN | A BRIF de Laza recolle o Batelumes de Ouro do ano 2020 en...
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade