11 de mayo de 2021, 11:53
Arredor das catro desta madrugada, un traballador das obras da Alta Velocidade Española -AVE- sufriu unha descarga eléctrica mentres realizaba os seus labores na localidade de Alberguería, no concello de Laza. O operario, de 26 anos, e que responde ás iniciais de S.G.S., atopábase no interior do túnel de Prado, momento no que se electrocutou cun transformador.
Os efectivos sanitarios desprazáronse ata o lugar dos feitos e, nese momento, o operario foi evacuado consciente ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense para ser atendido das súas lesións, de importante consideración. No lugar tamén se atopaban efectivos da Protección Civil de Laza e operarios de ADIF.