domingo. 28.04.2024
Laza será o escenario dun evento emocionante que celebra a diversidade, a inclusión e a cultura lgtb.
Laza será o escenario dun evento emocionante que celebra a diversidade, a inclusión e a cultura lgtb.

O 12 de agosto, a vila de Laza transformarase nunha romaría vibrante onde a diversidade, a música e a festa uniránse nun ambiente acolledor e inclusivo. A programación musical deste ano presenta unha gran variedade de estilos, desde o rock and roll máis enérxico ata a música tradicional galega. Algúns dos grupos destacados que actuarán no festival inclúen a popular banda "La Quinkillada", así como o talento de "Rabelo", que fusiona a música tecno coa tradición. Tamén contaremos coa participación da famosa charanga "Bicoia", que animará o ambiente cunha festa incrible; o grupo ourensán "The Tetas' Van" co rock and roll máis oitenteiro, o grupo Rebulir de Ramirás e "As Silveiras do Támega" de Laza.

Ademais da música, a Romaría Ponte Farruca ofrece unha ampla variedade de actividades para todas as idades e gustos. Desde obradoiros para as crianzas, ata un podcast con convidados como Cizalla Cultural ou Delirio sketch e presentado por OlaXonMario; ou actividades para os máis cativos con "Ponte Farruquiña". Tamén se poderá gozar da gastronomía local, mercados de artesanía e moito máis.

Este ano, e como novidade, haberá un concurso de tractores engalanados, que desfilarán a partires das 18:00 horas polas rúas da vila até chegar ao recinto da romaría. Recibirá un premio aquel que sexa o máis orixinal. 

E para non pasar fame, poderase xantar no lugar e mesmo facelo a base de churrasco -con reserva previa- e polbo

Cartel da edición da romaría Ponte Farruca deste 2023.
Cartel da edición da romaría Ponte Farruca deste 2023.

Un acolledor espazo de igualdade

O Ponte Farruca é unha oportunidade única para celebrar a diversidade e a inclusión nun entorno rural, onde a cultura lgtb ten unha presenza destacada. "Estamos comprometidos en crear un espazo seguro e acolledor para todas as persoas, sen importar a súa orientación sexual ou identidade de xénero. Estamos entusiasmados de dar comezo á nova edición da Romaría Ponte Farruca e agardamos ver Laza repleta de persoas que comparten o noso compromiso coa igualdade, a celebración da diversidade e o apoio ao rural" declara Xacobo Novoa, un dos organizadores do evento.

NOTICIAS VERÍN | O 12 de agosto, cita coa romaría da diversidade e a cultura lgtb en...