domingo. 19.07.2026
"O noso son", realizado polo alumnado de Educación Infantil, foi recoñecido pola súa creatividade

NOTICIAS VERÍN | O CEIP O Castiñeiro de Laza triunfa no certame galego de podcasts escolares

ceip o castiñeiro, cole laza, premio podcast cole, Radio na biblio
A cativada do CEIP O Castiñeiro entrevistou en marzo ás Silveiras do Támega en Radio Fachón, a súa Radio na Biblio. | FOTO: CEIP O Castiñeiro.

Os nenos e nenas do CEIP O Castiñeiro de Laza demostraron que teñen moito que dicir e souberon facelo da mellor maneira posible: a través das ondas. O seu traballo no VII Concurso de Podcasts-Radio na Biblio foi recoñecido a nivel galego, compartindo honores con outros sete centros educativos de toda Galicia.

 

Este ano, o certame tiña un significado moi especial, xa que estaba dedicado ás cantareiras e á poesía popular oral, esas figuras tan importantes da nosa cultura e ás que se lles rende homenaxe no vindeiro Día das Letras Galegas. A cativada do CEIP O Castiñeiro soubo "poñer en valor a lingua galega, a tradición oral e a poesía como expresión viva e colectiva" no seu podcast "O noso son"; realizado polo alumnado de Educación Infantil, foi recoñecido pola súa creatividade.

 

A Radio na Biblio é un programa educativo da Consellería de Educación no que o cole de Laza vén participando hai tempo. En setembro do pasado ano renovaban as instalacións da biblioteca para poder participar niste tipo de iniciativas; agora recibirá unha asignación de 1.250€ para melloras na súa radio ou para actividades relacionadas co funcionamento deste laboratorio de radio, sempre vinculado á biblioteca do centro. Ademais, os traballos premiados serán emitidos por Radio Galega. Unha experiencia incrible que seguro que lles deixa unha pegada imborrable e lles anima a seguir explorando o mundo da comunicación.

NOTICIAS VERÍN | O CEIP O Castiñeiro de Laza triunfa no certame galego de podcasts...